Xa hai data de presentación do HTC One M10

Xa hai data de presentación para o HTC One M10. O novo buque insignia de HTC darase a coñecer oficialmente o 12 de abril nun evento online que se poderá seguir a partir das 14h no hashtag #powerof10.

A marca leva tempo facendo especial fincapé na súa “obsesión” porque este M10 sexa un dispositivo que enganche co público, algo que se non é baladí, dado que as cifras de venda dos últimos terminais do fabricante taiwanés están a levalo cara un abismo do que teñen difícil saír.

Nestes momentos xa se teñen filtrado unha boa parte das súas especificacións, polo que xa sabemos que o HTC One M10 contará cunha pantalla de 5,1 polgadas Super LCD 3 con resolución QuadHD, procesador Sanpdragon 820 e 4 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna, ampliábeis por microSD.

HTC One M10

No apartado multimedia destaca a súa cámara principal de 12 megapíxeles, que será no concreto o modelo IMX377 de Sony, con enfoque láser e OIS. O sensor frontal está fabricado por Samsung (Samsung S5K4E6), tendo 5 megapíxeles e tecnoloxía ultrapíxel. A batería é de 3000 mAh e, como todo trebello que se prece nesta época, vén con NFC, LTE e lector de pegadas dixitais, situado na parte frontal.

En canto a deseño, estaremos ante un terminal que se afasta do parecido co iPhone que se lle ten acusado no modelo anterior: desta vez as semellanzas están con outro modelo da casa, o HTC One A9, un dos dispositivos máis fermosos da compañía, aínda que iso si, con lixeiros pero evidentes cambios. Virá con Android 6.0 – Marshmallow e a capa de personalización propia HTC Sense, na súa versión 8.

Quedan poucos días para que HTC poña toda a carne sobre o asador co novo HTC One M10, que pode que chegue con algunha sorpresa que non teñan adiantado as filtracións. Serán quen de nos sorprender?

Sobre o autor

No Responses

Reply