Mininovas Android: a malla da semana

Xa podemos xogar ao basket en FB Messenger

messenger bastketball

Ademáis de xogar ao xadrez, agora tamén podemos xogar ao baloncesto desde a app de mensaxería. Tan só temos que enviar a icona do balón de baloncesto nunha coversa, unha vez envíado premer sobre o balón e así comeza o xogo.

Con este, xa son dous os xogos que podemos probar. Haberá algún máis?

Google Drive xa permite editar documentos en liña

google drive

Nunha actualización lanzada esta semana, a app Google Drive xa permite editar docuemntos en liña desde a vista previa. Se por exemplo, queremos editar unha foto, teremos unha ligazón que nos levará aos programas de edición que teñamos instalados. Sinxelo non?

Chegará un Galaxy Note 6 en xullo?

logotipo samsung

Apareceron esta semana rumores que apuntan ao lanzamento do Galaxy Note 6 en xuño con Android N no seu interior. Polo de agora é moi arriscado falar de mercados no que se vai distribuir ou das súas especificacións, pero desde Phone Arena, fálase de 6 GB de RAM, pantalla de 5,8 polgadas e até 256 GB de almacenamento interno.

Veremos se este rumor se volver realidade ou queda sen concretar como tantos outros.

Movistar ofrecerá fibra simétrica desde maio

movistar

A empresa confirmou esta semana a chegada de conexións simétricas (que son as que ofrecen a mesma velocidade de subida e baixada) desde o mes de maio.

Esta posibilidade chegará tanto ás conexión de 30 Mbps coma as de 300 Mbps e dun xeito escalonado, polo que a dispoñibilidade por zonas será comunicada durante ese mes de maio. Iso si, só será un cambio gratuito para as usuarias de Fusión.

Facebook tamén deixa de lado BlackBerry OS

BlackBerry-Logo

Primeiro foi Whatsapp e agora é Facebook a que anuncia que a finais de ano, deixará de dar soporte á aplicacións instaladas nos terminais BlackBerry. Se a propia empresa xa non aposta polo seu sistema operativo, pois xa lanzaron terminais con Android, que sentido ten que os desenvolvedores sigan invertindo o seu tempo nun sistema moribundo?

Veremos cando se anuncia oficialmente o fin deste sistema operativo, pois todos os indicadores fai que esta suposición sexa cuesntión de temapo.

Google prepara un teclado para o iPhone

Google Keyboard

Google está preparando un teclado específico para os iPhone así integrar nel o seu motor de busca para realizar consultas sen ter que empregar unha app diferente. Ademáis incluirá a introducción de texto mediante xestos como ocorre en Android. O obxectivo de Google é incrementar o tráfico no seu buscador desde o sistema iOS.

A compañía leva meses traballando no seu desenvolvemento, máis polo de agora non hai unha data para o seu lanzamento.

Facebook proba o vídeo como imaxe de perfil

facebook perfil video

Facebook estalles habilitando a algunhas usuarias a posibilidade de establecer un vídeo de até 7 segundos como imaxe de perfil. Porén, as persoas que xa disfrutan esta funcionalidade quéixanse de que hai que facer clic nel para que se reproduza.

facebook videos perfil

Swarm actualízase con melloras no perfil

swarm 4 deseño perfil

Swarm, a aplicación de checkins de Foursquare, vén de actualizarse á versión 4.0. As melloras céntranse na parte do perfil de usuaria, que agora inclúe estatísticas dos lugares visitados.

Sobre o autor

Reply