Xiaomi Mi TV 3S: 65 polgadas de pantalla curva por 1200 euros

Logo de revolucionar o mercado dos smartphones a chinesa Xiaomi quere facer outro tanto co da televisión grazas ao lanzamento de novos produtos que, desde logo, non nos van deixar indiferentes. Falamos dos novos modelos de televisores Mi TV 3S, dispoñíbeis en dous tamaños de pantalla: 43 e 65 polgadas.

xiaomi Mi TV 3S - 2

A nova Mi TV 3S de 65 polgadas está fabricada con acabados metálicos e ten un deseño moi coidado, cun grosor de pantalla de tan só 5,9 mm. Tamén destaca polas súas prestacións técnicas – entre as que destacan o procesador MStar 6A928 de catro núcleos a 1,4 GHz, a tarxeta gráfica Mali-760, os 2 GB de memoria RAM e os 8 GB de memoria interna – e as súas opcións de conectividade (WiFi AC, Bluetooth 4.1, HDMI 2.0 x3, USB 2.0, USB 3.0, VGA e Ethernet), o que nos permite sacarlle todo o partido a contidos multimedia que podemos ter na Internet ou noutros soporte físicos. Porén, o máis significativo é a curvatura da súa pantalla, capaz de somerxirnos nunha experiencia audiovisual moito máis intensa.

xiaomi Mi TV 3S  43

Pola súa banda, o modelo de 43 polgadas é unha opción máis económica, pero igualmente interesante na súa categoría. A diferenza do modelo de 65”, este non ten pantalla curva e o seu grosor ascente até os 10,9 mm. En canto a especificacións técnicas temos un procesador MStar 6A908, de catro núcleos a 1,45 Ghz, tarxeta gráfica Mali-450, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna. En canto ás opcións de conectividade á rede e externa vén con WiFi-N, Bluetooth 4.0, porto HDMI 1.4, USB 2.0, USB 3.0 e toma Ethernet.

En canto a prezos, como é tradición na marca, estamos a falar dunhas cantidades moi axustadas, que desde a perspectiva europea resultan aínda máis sorprendentes: o modelo de pantalla curva e 63 polgadas custa 8999 iuans, que a o cambio son pouco máis de 1200 euros, mentres que no caso da opción de 43 polgadas, esta custa 1799 iauns, algo menos de 250 euros.

Lamentabelmente Xiaomi non ten previsto comercializar estes produtos en Europa, a lo menos polo de agora, mais non debéramos perder de vista a idea de que é posíbel ter acceso a dispositivos realmente interesantes por moito menos cartos dos que estamos afeitas.

Máis información: Xiaomi.

Deixa un Comentario