Samsung confirma accidentalmente o “Galaxy S7 Active”

A familia dos Samsung Galaxy S7 está a piques de recibir un novo membro, o Galaxy S7 Active, unha versión que ao igual ca os Active de outros modelos “Galaxy S” anteriores estará orientado ás persoas que fan un uso máis intenso dos terminais en entornos hostís.

Malia que non temos datos concretos sobre as súas características, vimos de coñecer a súa existencia grazas á propia Samsung. A última actualización da aplicación Samsung Level, publicada hai apenas un par de días, actualizou tamén a listaxe de dispositivos Samsung compatíbeis coa mesma, aparecendo entre eles o S7 Active.

galaxy s7 active confirmado

Aínda que as versións estándar e Edge do Galaxy S7 inclúen características que até hai ben pouco estaban reservadas aos dispositivos ruxerizados, como a resistencia á auga e ao pó segundo o estándar IP68, a versión Active irá un paso máis aló, mellorando sobre todo os aspectos de protección fronte ás caídas. Se atendemos tamén á historia destas versións vitaminadas dos Galaxy S, o S7 Active sufriría un recurte en prestacións, para afasterse do dispositivo insignia da compañía.

Que vos parecen este tipo de terminais resistentes? Considerádesvos usuarias potenciais?

Sobre o autor

Reply