Samsung anuncia novos terminais da gama Galaxy J

Samsung non descansa e vén de anunciar novos trebellos, desta vez dous smartphones da gama Galaxy J. Falamos dos Galaxy J5 (2016) e Galaxy J7 (2016), dispositivos que polo de agora foron confirmados para países asiáticos, aínda que con case plena seguridade non habemos tardar moito en velos no mercado europeo.

Ambos trebellos son dispositivos de gama entrada, con pantallas de 5,2 e 5,5 polgadas que contan cun coidado deseño e acabados con marco metálico que, de conservar os prezos dos trebellos oficiais actuais da mesma gama rondarán os 200 – 350 euros respectivamente.

O Galaxy J5 (2016) incorpora unha pantalla Super AMOED de 5,2 polgadas, con resolución HD (1280 x 720 píxeles). No seu interior temos un procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

samsung galaxy j

A cámara principal é de 13 megapíxeles, mentres que a frontal fica nuns máis ca interesantes 5 megapíxeles; ambas as dúas están equipadas con sendos flash LED. A batería é de 3100 mAh e dispón de chip NFC.

Por outro lado, o Samsung Galaxy J7 (2016) vén con pantalla de 5,5 polgadas FullHD (1920 x 1080 píxeles), e no interior alberga un procesador de oito núcelos a 1,6 GHz. Dispón de 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria intena, tamén ampliábeis mediante tarxetas microSD. As cámaras son as mesmas ca no modelo J5, pero nesta ocasión a batería sube até os 3300 mAh de capacidade.

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply