Anuncian un consolador modular controlábel desde unha app

No mundo dos xoguetes sexuais aínda non está todo inventado. Malia que no mercado podemos atopar centos de deseños de dildos, de cando en vez aparece sobre a mesa unha nova proposta que nos sorprende. Hoxe queremos falarvos deste peculiar consolador modular deseñado por Constantin Bolimond.

consolador modular - 4

Bolimond, consciente de que as utentes destes aparellos non sempre teñen por que querer ter as mesmas sensacións aos usar, pensou que mellor ca ter que mercar diversos modelossería poder poñer a disposición das usuarias diferentes módulos para que cada quen poida construírse o seu consolador a medida do que lle poida apetecer nun momento dado.

consolador modular - 2

Como se pode ver nas imaxes, o trebello conta con pezas que se poden ir enganchando entre elas a través dun sistema sinxelo, o que permite formar o dildo completo coas rugosidades e o tamaño que quixer nese momento, como se se tratase dunha torre de LEGO’s.

consolador modular - 1

Por último, cabe sinalar que as vibracións prodúcense nalgunhas destas pezas, e a través dunha aplicación instalada no smartphone as usuarias poden programar a velocidade e ritmo de funcionamento.

Que vos parece este dispositivo?

Vía.

Deixa un Comentario