Movistar volve subir os prezos nos seus servizos

Esta semana foi intensa para Movistar, non só pola retirada de César Alierta, senón tamén polos prezos dos servizos que comercializa. Desta volta estamos a falar de que o antigo monopolio vén de fixar en 15€ o sobrecusto a pagar por unha usuaria que remata o paquete de datos que ten contratados. Fai un ano decidiu cobrar polo exceso de datos a máxima velocidade combrando un extra por cada mega consumido. Esta semana aumentou o límite até 1 GB por 15€ máis.

A posibilidade de facer un consumo extra de datos canto rematamos os que temos contratados vén activado por defecto e é a usuaria a que chamando ao 223528 poderá desactivar este servizo e pasar á velocidade reducida (pódese navegar a uns míseros 16 kbps sen custo extra) ou o límite de megas que desexa consumir até 1 GB extra.

movistar tv

Movistar tamén decidiu que era o momento de subir o prezo dos seus packs de televisión. O pack de cine sube 1€/mes e o pack de series 2€/mes. Con estas subidas que serán aplicadas desde o 1 de maio, o pack de cine pasará a custar 10€ e o de series 7€. Que saibamos, con esta suba non se anunciou que levara aparellada unha mellora: é unha suba unilateral polo mesmo servizo, algo que aínda poden facer grazas ás exclusividades de moitos contidos.

Como estamos vendo desde comezos do ano, todas as empresas están facendo subas nos seus productos sen que as consumidoras teñan algunha alternativa, pero non é nada novo é o que acontece en mercados poucos competitivos.

Sobre o autor

Reply