Mininovas Android: a malla da semana

Instagram soportará vídeos de até 60 segundos

instagram

Desde esta semana as usuarias de Instagram poderán subir vídeos de até 1 minuto de duración. A chegada desta nova funcionalidade será escalonada e irase activando durantes os vindeiros meses. Até esta semana só se permitía vídeos de 15 segundos polo que esta actualización é moi significativa.

Amazon ponse seria cos USB Type C

amazon

Amazon vai prohibir a venta na súa web de cables type-C que non cumpran coas normativas da USB Implementers Forum Inc. Esta medida chega a Amazon da man do enxeñeiro dos cables type-C, Benson Leung, debido a que unha mala elección pode danar de xeito importante os nosos dispositivos.

Nesta ligazón tedes máis detalles sobre a decisición de Amazon, pola que expulsará da tanda a todos os vendedores que non cumpran coas novas normas e vendan cables de baixa calidade.

Dropbox xa permite editar con Adobe Acrobat Reader

Dropbox

Grazas á integración das dúas aplicacións, xa podemos editar documentos desde os nosos Android calquera documento en pdf engadindo anotaciones, resaltando partes do texto, por comentarios, etc… So temos que instalar as últimas versións das dúas apps para poder editar os nosos documentos.

Whatsapp permitirá respostas rápidas en versións anteriores a Android N

logo whatsapp

Na última beta da app xa conta coa posibilidade de facer respostas rápidas, é dicir, contestar mensaxes desde a notificación sen que sexa preciso abrir a aplicación. Esta é unha das novas funcionalidades que chegarán da man de Android N, pero que Whatsapp decidiu extender a versións máis antigas de Android.

Ademáis tamén chegará axiña as versións finais da app de masaxería a posibilidade de por cores sólidos no fondo das conversas e tamén a selección múltiple, co que podemos deixar varios grupos á vez ou gardar máis dunha conversa nunha soa pulsación.

Imaxinamos que todas estas novidades non van tardar en chegar a unha versión final e estar dispoñíbel para todas as usuarias.

Pixel C xa á venta no noso país cun desconto do 25%

pixel c - 1

Esta semana anuncinunciouse unha importante rebaixa na última tableta de Google, a Pixel C que analizamos recentemente. Se queredes mercarla, tedes un desconto do 25% na compra online tan só con introducir un mail. Recibirides un código que se aplica durante o proceso de compra obtendo así o desconto.

Nesta ligazón, podedes solicitar o código.

México é o primeiro páis de fala hispana en recibir YouTube Kids

youtube kids

YouTube Kids foi lanzada nos EUA a comezos do 2015 e agora chega ao primeiro país de fala non inglesa. Esta aplicación vai dirixida aos máis novos da familia con contido especifíco para toda a familia. Conta con controis parentais e unha coidada selección de contido.

Desde o 30 de marzo, xa se pode descargar a aplicación desde a Play Store.

Deixa un Comentario