.Tuenti devolverá no verán os datos consumidos durante a primavera

As operadoras son conscientes de que unha vez captadas as novas clientas é preciso fidelizalas con ofertas e novidades periódicas que fagan seguir mantendo o interese na compañía que lles dá servizo de móbil. Neste senso, logo das campañas de .Tuenti orientadas ás novas altas, desta vez toca falar de unha para as clientas actuais.

Trátase da promoción Boomerang, pola cal os megas consumidos polas usuarias durante a primera serán sumados á súa tarifa nos meses de verán, unha época na que tradicionalmente facemos un consumo maior de datos.

A promoción aplícase a todas as usuarias, tanto de oferta de contrato como de cartón prepago, coas únicas condicións de non estar disfrutando actualmente a promo Multiplica x2 e manter a tarifa até finais de agosto. O volume de datos extra será de até 1,5 GB en xullo e outros 1,5 GB en agosto, en función do que tiveran consumido previamente (entre o 1 de abril e o 31 de maio) segundo estes citerios:

  • Se o consumo medio de datos acumulados entre abril e maio é menor ca 1 GB recibiranse 500 MB en xullo e 500 MB en agosto.
  • Se o consumo medio de datos acumulados entre abril e maio é entre 1 GB e 2 GB recibiranse 1 GB en xullo e 1 GB en agosto.
  • Se o consumo medio de datos acumulados entre abril e maio é de máis de 2 GB recibirase o máximo: 1,5 GB en xullo e 1,5 GB en agosto.

Que vos parece esta promoción de .Tuenti?

Sobre o autor

Reply