Con MenuAffinity atoparás o menú do día máis axeitado

Se sodes desas persoas que aproveitades as ofertas de menú do día que ofrecen moitos bares e restaurantes havos gustar aplicación da que vos queremos falar hoxe. Trátase de MenuAffinity , unha app dirixida tanto a persoas que teñen que comer fóra por obrigación ou que esporadicamente procuran un resturante para comer por aí adiante.

menuaffinity 01

O funcionamento da aplicación é moi sinxelo, mais exixe rexistro previo. Unha vez logueados veremos xa unha listaxe de locais colaboradores que presentan o seu menú do día, aínda que para atopar con máis facilidade un local que se adecúe aos nosos gustos ou preferencias podemos refinar a busca por tipo de comida, prezo, localización…

menuaffinity 05

Unha vez feito isto, a aplicación amosaranos os locais que se adaptan ás noas preferencias e, premendo sobre calquera deles, veremos o menú do día, prezo e outros datos de interese sobre os locais, como se amosa nas seguintes capturas de pantalla.

menuaffinity 02

menuaffinity 04

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MenuAffinity atópase en pleno proceso de expansión no noso país, polo que a incorporación de novos locais é constante. Debido a isto é posíbel que na vosa zona non atopedes unha oferta moi ampla, malia haber sitios que ofrecen estes menús. A app está desenvolta por unha equuipa de persoas galegas, e se queredes probala non tedes máis que descargala desde a Play Store. É totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply