WhatsApp cifra por fin as mensaxes extremo a extremo

Unha das cousas que máis se lle teñen criticado a WhatsApp foi a falta dun cifrado das conversas extremo a extremo, funcionalidade que garante a plena seguridade na transmisión das mesmas e que vén de ser implementada na popular aplicación de mensaxería.

Esta novidade implica que agora as conversas entre usuarias da aplicación viaxan codificadas mediante unha chave que só coñecen ambas interlocutoras (faise automaticamente, non é preciso memorizar nada), polo que no caso de que algún terceiro intercepte a conversa non entenderá nada, xa que verá unha mensaxe sen sentido.

Para poder disfrutar deste cifrado non necesitamos activar nada, simplemente ter a última versión da aplicación instalada.

Deixa un Comentario