Huawei anuncia o Huawei P9

Dos fabricantes chineses, Huawei é a marca que mellor soubo situarse a nível internacional, e aínda que son moitos os que veñen pisando forte por detrás (Xiaomi, Oppo…), aínda queda moito para que se poidan medir de ti a ti co gran xigante asiático. Hoxe a compañía anunciou o seu novo buque insignia, o Huawei P9, un trebello que supera todas as espectativas que había sobre a marca, apostando por as especificacións técnicas máis avanzadas.

O novo trebello de Huawei integra un procesador Kirin 955 a 2,5 e 1,8 Ghz, o actual referente dos fabricados pola compañía, que vén acompañado de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. A pantalla é de 5,2 polgadas FHD, e a batería de 3000 mAh.

Complementan a listaxe de especificacións unha dobre cámara traseira de 12 megapíxeles cun dobre sensor Sony IMX286 con flash LED e enfoque láser, lector de pegadas dixitais e Android 6.0 Marshmallow con Emotion UI 4.

huawei p9 02

Ademáis, presentaron o P6 Plus de 5.5 polgadas FHD, co mesmo procesador do P9 o Kirin 955 e 4GB de RAM cunha batería de 3,400 mAh. Esta equipa tamén ten máis memoria interna e contamos con dúas opcións, 64 ou 128 GB.

No que ten a ver co deseño e os acabados, enfrontámonos a un dispositivo de bordes máis redondeados e cunha clara aposta polo uso do metal, un material que cada vez empregan máis dispositivos da marca. Estará dispoñíbel en seis acabados: gris, prata (dúas variantes), dourado (dúas variantes) e rosa desde o 1 de maio por un prezo desde 599€ para o P9 e 699 para o P9 Plus.

No Responses

Deixa un Comentario