Fiber Phone, o teléfono fixo de Google

Telefonía fixa e Google son termos que, a priori, soan antagónicos. Porén, estes días están sendo nova porque Google vén de lanzar Fiber Phone, o seu teléfono fixo para aquelas persoas que disfrutan dos servizos de fibra óptica que ofrece Google nalgunhas cidades e poboacións dos Estados unidos.

Por 10 dólares ao mes permite chamar de forma totalmente ilimitada a calqueira número dos Estados Unidos, mentres que para as chamadas internacionais aplícanse as tarifas habituais de Google Voice. Ademais dispón do que chamamos servizos avanzados, aínda que hoxe en día son totalmente habituais: identificación de chamada, chamada en espera, etc.

fiber phone - 1

Porén, o elemento diferenciador deste servizo atopámolo en que Fiber Phone tamén permite empregar o número na nube (senón non sería Google, non credes?), polo que podemos recibir chamadas desde calquera trebello que teña acceso a Internet, como un smartphone, tablet ou ordenador de sobremesa.

Este servizo súmase a Google Fi, a revolucionaria operadora de telefonía móbil que Google puxo en marcha meses atrás.

Deixa un Comentario