O Coolpad Porto S xa á a venda no noso país

Coolpad vén de anunciar o Coolpad Porto S, o segundo terminal que trae a Europa este fabricante de orixe chinés que coñecemos durante o MWC, cando presentou o modelo Modena. O novo dispositivo é un terminal de baixo custo que destaca pola presenza dunha pantalla HD, conectividade 4G – LTE e un deseño delgado, cos seus 7,6 mm de grosor.

O trebello incorpora unhas especificacións básicas, orientadas a usuarias pouco exixentes ou primeiros móbiles. A súa pantalla é un panel HD de 5 polgadas, cunha resolucón de 1280 x 720 píxeles (294 ppp de densidade), e no seu interior leva un procesador MediaTek (modelo MT720MP2), de catro núcleos a 1.0 GHz, xunto con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna. No apartado multimedia temos que as súas cámaras son de 8 e 2 megapíxeles (traseira e frontal, respectivamente).

PORTO S

Dispón de bandexa para tarxeta microSIM e outro slot que podemos empregar ou ben para ampliar a memoria cunha tarxeta microSD (admite tarxetas de aaté 64 GB) ou ben para introducirlle unha segunda SIM, neste caso en formato nanoSIM. É compatíbel coas redes 4G, leva 2000 mAh de batería e como sistema operativo emprega Android 5.1, que seguramente non será actualizado.

O Coolpad Porto S porase á venda durante a segunda quincena deste mesmo mes de abril en MediaMarkt. Estará dispoñíbel en dúas cores, branco ou gris escuro, por 129 euros.

Sobre o autor

Reply