Mininovas Android: a malla da semana

Amazon lanzará a 8ª xeneración do Kindle

bezos kindle oito

Sen dúbida o Kindle de Amazon supuxo unha revolución no mercado dos lectores de iBooks. Pois ben, esta semana Jeff Bezos conformou vía Twitter o lanzamento durante a vindeira semana da oitava xeneración do popular lector. Semella que será un dispositivo de gama alta, do que vos contaremos todos os detalles en canto se presente oficialmente.

Así son as novas iconas das apps de Google

iconas google apps

Esta semana tamén coñecemos as novas iconas que acompañarán ás aplicacións de Google de agora en diante. As apps que verán modificada a súa icona son Play Movies, Play Music, Play Games, Play Books e Play Kiosco.

Esta evolución supón un paso máis para a integración do ecosistema Google con Material Design.

Twitter faise cos dereitos de retransmisión da NFL

NFL

Twitter chegou a un acordo coa NFL para emitir en directo os partidos dos xoves durante a tempada 2016. Serán 10 partidos que se poderán ver de balde desde calquera dispositivo desde a app de Periscope. Este movemento supón a confirmación de que Twitter pelexa por ser algo máis ca unha rede social.

Todo apunta que na pelexa tamén estaban Verizon, Amazon e Facebook, pero foi Twitter a que se quedou cos dereitos. Iso si, os dereitos non son en exclusiva, pois tamén os teñen a CBS e a NBC.

IKEA emprega reliadade virtual para deseñar cociñas

ikea RV

Ikea ven de presentar a súa app Ikea VR Experience que co apoio das gafas HTC Vive, poderemos deseñar a nosa cociña a partires dunha cociña básica. Poderemos elixir as cores, engadir/quitar/recolocar mobiliario,.. vendo cada cambio cos nosos propios ollos e en 3D.

Esta é unhas das áreas na que a realidade virtual ten moito que dicir nos vindeiros anos.

Ollo co que poñemos de estado no Whatsapp: pódenos custar até 2000€

logo whatsapp

O xulgado de Monclada (Valencia) vén de condenar cunha multa de 2000€ a un usuario por danar o honor do seu socio coa frase “No te fíes de F.S.O.” que mantivo durante 4 meses. O xuiz argumenta a súa condena dicindo que manter esa frase durante tanto tempo afectou negativamente a reputación do afectado, a cal é é especialmente importante na súa profesión médica e no ámbito da industria de servizos de sanidade”.

Temos que dicir que é unha condena en primeira instancia que se pode recurrir, polo tanto a sistuación do acusado pode cambiar, pero o que queda claro é que temos que andar con tino cando facemos manifestación públicas. Na internet non vale todo.

Sobre o autor

Reply