Así é o Kindle Oasis, o novo lector de libros de Amazon

[Actualización 13/04/2016] O Kindle Oasis xa é oficial e pódese mercar por 289,99 €

Hai apenas unha semana o CEO de Amazon, Jezz Bezos, púxonos o mel nos beizos anunciando no seu Twitter que esta semana que hoxe comezamos coñeceríamos a oitava xeración do popular lector de libros electrónicos Kindle. Non fixo falla esperar á súa presentación oficial, porque o novo Kindle Oasis vén de ser filtrado por completo.

O novo Kindle Oasis cambia o deseño con respecto aos libros electrónicos anteriores de Amazon, deixando no lateral dereito ou esquerdo (adáptase tanto para destras como para zurdas) un marco máis ancho para a súa suxección cunha soa man.

amazon kindle oasis - 1

Incorpora un panel de 300 píxeles por polgada, unha densidade semellante ao Kindle Voyage, pero cun incremento dun 60% no número de LEDs para que sexa moito máis cómodo ler na escuridade. A súa batería ten capacidade abonda para que o dispositivo se manteña en standby durante 20 meses, unha cifra que se ben é certo serve de pouco (ninguén vai mercar un Kindle para telo case 2 anos en espera a ver se se lle acaba a batería), lévanos a pensar que se portará moi ben no día a día, unha característica que comparten todos os lectores de libros electrónicos de Amazon.

kindle oasis - 4

Cos seus 131 gramos de peso é un 20% máis lixeiro que algún dos seus predecesores, e ten un grosor mínimo de 3,4 mm e máximo de 8,5, xa que como se ve na imaxe anterior a estas liñas non é un dispositivo uniforme.

Como vén sendo habitual, Amazon ofrecerá fundas para o novo Kidle Oasis, que como peculiaridade tamén integran unha pequena batería interna, que de estar conectada ao Kindle cargarase ao mesmo tempo. O funcionamento desta batería extra é moi sinxelo: primeiro descarga a da funda e logo a interna do aparello, o que nos permitirá disfrutar de moitas máis horas de lectura.

kindle oasis - 2

Sobre a súa dispoñibilidade e prezo aínda non se sabe nada, pero imaxinamos que Amazon dará toda a información segundo fago oficial o novo trebello. Que vos parece?

Vía

Deixa un Comentario