Simyo lanza bonos de noite con 1 GB a 1,99 €

A operadora Simyo vén de anunciar o lanzamento dos novos bonos de noite que permiten ás usuarias disfrutar de minutos ou datos a prezos moi reducidos pero cun horario limitado, entre as 22.30 e as 8 da mañá.

Por unha banda podemos contratar 1 GB de datos a máxima velocidade por 1,99 € e, pola outra, 100 minutos en chamadas a fixos ou móbiles por 0,99 €. Calquera deles pódense combinar co resto de opcións que ofrece a compañía.

Simyo permite ás usuarias facer unha tarifa á súa maneira, combinando a cantidade de datos que desexan incluír (ningún, 100 MB por 1 €, 500 MB por 3 €, 1 GB por 6 €, 2 GB por 10,5 € ou 3 GB por 14 €) cunha cantidade de chamadas (ningunha, 30 minutos por 2 €, 100 minutos por 3,50 €, 200 minutos por 6,50 € ou 300 minutos por 9 €). Con isto conséguese non pagar por tarifas sobredimensionadas.

About The Author

Reply