O regulador chinés filtra o Honor 5C

A historia volve repetirse: un ente regulador filtra os datos dun terminal antes da súa presentación. Desta vez falamos de TENAA, unha das axencias reguladoras da China, que vén de filtrar o novo Honor 5C, un novo dispositivo de Honor, a marca branca de Huawei.

Todo apunta a que este trebello será anunciado oficialmente nun evento que terá lugar a finais de mes, mais para ir abrindo boca xa temos a meirande parte das súas especificacións:

  • Pantalla FHD de 5,2 polgadas
  • Procesador Kirin 650
  • 2 GB de memoria RAM
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD)
  • Sensor de pegadas dixitais (situado na parte traseira)
  • Batería de 2900 mAh

Os acabados serán en metal, un material polo que cada vez máis marcas están a apostar na gama media, dado que consegue mellorar as sensacións premium dos dispositivos.

Teremos que agardar aínda uns días para coñecer todas as especificacións do novo trebello de Honor, así como termos imaxes boas. Mentres tanto, que vos parece?

Deixa un Comentario