Mininovas Android: a malla da semana

Google Calendar xa permite marcar obxectivos

Google Calendar vainos axudar a acadar eses obxectivos que nos marcamos pero que nunca atopamos tempo para realizalos. Coa app de Google, será máis doado crear unha “meta” e organizar así as nosas semanas.

Cando creamos unha meta, a app amosa algúns exemplos que poden concordar coas nosas preferencias: correr, facer ioga, camiñar,… e mesmo a frecuencia e a duración que lle queremos adicar a esta actividade. Ademáis, se programamos un evento e coincide cunha meta, Google de xeito automático programará a nosa meta outro día, en función do que teñamos programado na nosa axenda.

Chegan máis formatos de arquivos a Whatsapp

logo whatsapp

Nunha recente actualización, Whatsapp xa permite compartir arquivos en formatos .pptx (PowerPoint), .xlsx (Excel), .docx (Word) e .txt (documento de texto). Cando recibamos a mensaxe co documento, a app amosaranos tanto o formato no que chega como o número de páxinas que ten o documento. Sen dúbida, é un paso máis para completar a integración de formatos de arquivos que podemos envíar aos nosos contactos, aínda que polo de agora non funciona na versión web.

Facebook traballa para suxerir etiquetas en vídeos

Facebook-Logo

Se unha FacebookAmiga sube un vídeo á rrss, esta poderá recoñecer as caras da xente que aperece no vídeo e deste xeito suxerir á persoa que sube o vídeo se quere compartilo coas persoas que aparecen nel. Esta funcionalidade é normal desde fai tempo cando subimos unha foto, e Facebook quere extendela aos vídeos. Preparádemos, as etiquetas suxeridas nos vídeos están a piques de aparecer.

Xa non precisamos un perfir en G+ para desfrutar de Google Play

google play games4

Desde a versión 3.7 de Google Play, xa non será necesario loguearnos coa conta de Google+ para xogar en Google. Agora poderemos crear un ID de xogador co nome e avatar que nos apeteza e deste xeito participar en misións, gardar partidas, ou xogar con outros xogadores.

En calqueira momento poderemos editar e mesmo borrar a nosa ID de xogador.

Así será o novo Twitter

Esta semana filtrouse como será a nova interface de Twitter, que podedes ver no seguinte vídeo:

Polo de agora a esta versión só se pode acceder descargando unha alpha de Twitter e só a poderán ver as usuarias que teñan convite. Malia estas precaucións por parte da empresa, as filtracións apareceron e grazas a ela, podemos ver no que están traballando. Gústavos?

Huawei rexistra un 7P, será un novo Nexus?

huawei mwc16

O ano pasado Google encargoulle tanto a LG (Nexus 5X) coma a Huawei (Nexus 6P) a creación dos terminais Nexus do 2015. Pois ben, esta semana sóubose que Huawei ven de rexistrar o nome 7P o pasado 7 de abril. Debido a este rexistro sospéitase que ese 7P podería ser un novo terminal Nexus ou tan só un novo nome para un terminal que sairá ao mercado baixo a marca Huawei.

Sexa o que sexa, habémolo saber ao longo de ano e polo de agora, só podemos agardar.

Sobre o autor

Reply