GContigo, información da TVG directamente no teu Whatsapp ou Telegram

A CRTVG vén de pór en marcha GContigo, un servizo gratuíto de subscrición vía WhatsApp ou Telegram aos contidos máis destacados da TVG.

O funcionamento deste novo servizo é moi sinxelo, simplemente debemos descargar unha vcard desde a web gcontigo.gal ou engadir o número de teléfono 620928665 á nosa listaxe de contactos. Feito isto, bastará con seleccionar aqueles servizos dos que queremos recibir información no noso móbil, enviando unha palabra chave en cada caso:

  • Informativos: Enviando a palabra informativos recibiremos información sobre a actualidade do día.
  • Deportes: Enviando a palabra deportes recibiremos información sobre a actualidade deportiga galega, e se queremos escoller o noso equipo debemos seguir as indicacións que recibiremos.
  • Programación TVG: Enviando a palabra programación recibiremos avisos das novidades na grella, novos programas e unha lembranza do prime time diario.
  • O Tempo: Poderemos recibir a información máis actualizada do tempo enviando a palabra Tempo sempre que queiramos.
  • Saborea a Lingua: se queremos recibir as novas entradas do blog da CRTVG “Saborea a lingua” debemos enviar a palabra Saborea.

En calquera momento poderemos darnos de baixa do servizo enviando a palabra BAIXA. Nese caso recibirase información dos servizos activados e como desconectalos.

Máis información: GContigo.

Deixa un Comentario