Prezos do LG G5 e os seus accesorios, os LG Friends

No Mobile World Congress puidemos coñecer o LG G5, que ademais de ser a actualización do buque insignia de LG para este 2016 é o primeiro teléfono modular da marca. Mais o LG G5 non chegou só, xa que xunto a el descubrimos accesorios e módulos, os LG Friends, dos que por min temos información sobre prezos e dispoñibilidade no noso país.

Os 699 € que custa o LG G5 incluíu de maneira gratuíta e de xeito promocional o módulo LG Cam Plus, o que multiplica as posibilidades da cámara do móbil, dotándoo de máis batería e controis manuais para axudar a sacar mellores fotografías.

Prezos dos LG Friends

O LG Cam Plus terá un prezo de 99 € para aquelas persoas que non puideran acceder á promoción de lanzamento, polo que no canto dos 699 € teríamos que pagar 798 € (699 € polo LG G5 e 99 € adicionais polo Cam Plus).

O segundo dos accesorios relevantes, polo feito de facer uso do sistema modular do G5, é o sistema de audio LG Hi-Fi Plus de Bang & Olufsen, que nos permite gozar de son en alta fidelidade co noso terminal. Custará 149 €.

Pola súa banda, a cámara de 360 graos LG 360 Cam e os lentes de realidade virtual LG 360 VR custarán 299 € adicionais cada un. Do que non se sabe nada é do robot esférico LG Rolling Bot, polo que semella que aínda deberemos agardar unhas semanas para coñecelo.

lg friends

Unha persoa que quixera facerse con todo o pack de accesorios, a falta do LG Rolling Bot, debería pagar a frioleira de 1.545 €, unha cantidade que escapa das mans da meirande parte da xente, sobre todo ao non saber se van ser compatíbeis con dispositivos futuros ou só valerán para usar co G5. Que pensades vós?

Deixa un Comentario