Velociraptor, a app que engade límites de velocidade a Google Maps

Se algunha pega lle podemos pór a Google Maps, é que cando lle metemos un destino e comezamos a viaxe non informa dos límites de velocidade da estrada. Esta eiva queda solucionada con Velociraptor – Map Speed Limit.

Unha vez instalada esta aplicación, cando Google Maps nos guía polo camiño, aparece durante o percorrido e de xeito emerxente información sobre os limites de velocidade en cada momento grazás a Velociraptor, que se apoia na nosa localización e nos datos que recolle de Here Maps para amosarnos a información sobre os límites da vía.

Ademáis a súa configuración é moi sinxela como vemos na seguinte captura:

2016-04-14 09.53.24

2016-04-14 09.54.12

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Só temos que prestar atención ao recadro vermello que pon “acceder servizo de accesibilidade” ir ao final (no noso caso) da listaxe que aperece, e premer sobre Velociraptor para activar, como vedes na captura da dereita.

Se estades intesaras en probar Velociraptor – Map Speed Limit, podédelo facer accedendo á seguinte ligazón á Play Store e descargala de balde.

Deixa un Comentario