ZUK Z2 Pro, toda a información

ZUK, fabricante que traballa baixo o paraugas de Lenovo, vén de facer a presentación oficial do seu novo trebello. Trátase do ZUK Z2 Pro, un dispositivo aspiracional, que malia o seu prezo reducido incorpora especificacións de gama alta.

zuk z2 pro - 3

O novo smartphone de ZUK vén cunha pantalla de 5,2 polgadas, con resolución FullHD e tecnoloxía SuperAMOLED con cristal curvado 2.5D e uns biseis laterais de 1,41 mm, o que fai que sexa un dispositivo moi compacto. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 820, xunto con 4 GB ou 6 GB de RAM, 64 ou 128 GB de memoria interna  e batería de 3100 mAh, con carga rápida Quick Charge 3.0 e cargador USB Tipo C con tecnoloxía USB 3.1.

No apartado multimedia, a cámara principal é un sensor de 13 megapíxeles, con flash de dobre ton e apertura f/1.8, así como sensor ISOCELL, que segundo din enfoca en tan só 0,1 segundos. No caso da cámara frontal, apostaron por un sensor de 8 megapíxeles con aperutra f/2.0.

zuk z2 pro - 1

Dispón de sensor de ritmo cardíaco, de pegadas dixitais e de raios ultravioletas, así como conectividade 4G e Bluetooth 4.2. En canto a sistema operativo, vén con Android 6.0 (Marshmallow) xunto coa interface ZUI 2.0.

A versión con 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna xa se pode reservar na China por uns 370 euros, mentres que a de 4 GB chegará no mes de maio. Imaxinamos que non ha tardar moito en aparecer algunha web que nos permite mercalo desde aquí por un prezo semellante. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply