Lowi permite agora acumular os minutos non usados

Moitas das nosas tarifas teñen un certo volume de datos ou minutos que, na meirande parte dos casos, perdemos o día que se resetea o ciclo de facturación. Lowi, a marca low cost de Vodafone, rompeu moldes cando naceu, anunciando que os megas non consumidos durante un mes poderían ser empregados polas usuarias o mes seguinte, sumándose á cantidade contratada.

Agora a compañía anuncia a chegada desta mesma estratexia ás tarifas de voz, coincidindo co lanzamento dun bono de 120 minutos para chamadas estatais sen establecemento de chamada por 5 €, como alternativa á tarifa estándar de 0 cént/min na que só se paga polo establecemento (18,5 céntimos). Xa que logo, por poñer un exemplo, se unha persoa que ten contratado este bono de voz consume 100 minutos deixará 20 para o seguinte ciclo de facturación, polo que o mes seguinte terá 140 minutos.

Esta opción xa está dispoñíbel para a súa contratación, tanto a través da páxina web de Lowi como desde a propia aplicación da compañía.

Sobre o autor

Reply