Ponse á venda o Energy Phone Pro 4G

Logo da súa posta de longo durante o MWC, o Energy Phone Pro 4G de Energy Sistem ponse por fin á venda no noso país. Trátase dun dos dispositivos máis especiais e agardados da marca, que conta ademais cun coidado e novidoso deseño e está dispoñíbel en dúas versións, Navy e Pearl.

O novo trebello de Energy Sistem integra unha pantalla de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles). Trátase dun panel tipo AMOLED, o que é sinónimo dunha imaxe de calidade e contrastes, así como amplos graos de visión. Ademais, a pantalla vén equipada cun cristal protector de alta resistencia que a protexe fronte golpes e as rabuñadas máis habituais.

energy phone pro 4g - 2

No interior do dispositivo atopámonos cun procesador Qualcomm Snapdragon 616, de oito núcelos ARM Cortex A53 a 1,5 GHz. Xa no apartado multimedia, o trebello incorpora unha cámara principal de 13 megapíxeles, con autofocus e flash LED, así como funcións software avanzadas na aplicación (time lapse e slow motion). Tamén é de destacar a cámara dianteira, con gran angular e 5 megapíxeles, que ademais tamén dispón do seu propio flash LED  frontal para sacar mellores selfies nocturas.

Poderemos usar dúas SIMs a un tempo (microSIM + nanoSIM) ou unha SIM xunto a unha tarxeta de memoria (microSIM + microSD). Dispón dunha batería de 2600 mAh e vén con Android 5.1 (Lollipop). En canto a deseño, o Energy Phone Pro 4G destaca por pesar 130 gramos e ter un grosor máximo de 7,1 mm. Os marcos laterais son de aluminio e a traseira de cristal de alta resistencia Corning Gorilla Glass 3.

No caso do escoller o Energy Phone Pro 4G Navy teremos 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna por 199 €, mentres que aquelas persoas que se decidan polo Energy Phone Pro 4G Pearl poderán disfrutar, por apenas 30 euros máis, de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. En calquera dos casos poderemos poñerlles unha tarxeta microSD que aumente en 128 GB extra a capacidade do dispositivo.

2 Comentarios

  1. Xanxo 25 Abril, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 26 Abril, 2016 Responder

Deixa un Comentario