Acer anuncia o 2-en-1 Switch Alpha 12, con refrixeración líquida

Acer vén de anunciar o lanzamento do seu novo convertíbel 2-en-1, o Acer Switch Alfa 12, un dispositivo que destaca por prescindir de ventilador e apostar un un sistema de refrixeración líquida, Acer LiquidLoop, para un funcionamento máis seguro e, sobre todo, silencioso.

Neste dispositivo que pode facer ás veces de tablet e ás veces de PC, o fabricante apostou por unha pantalla IPS de 12 polgadas con resolución 2160 x 1440 píxeles e equipada cunha tarxeta gráfica intel HD 520. Xunto coa webcam, que ofrece gravación de vídeo FullHD 1080p, e o sistema de son Acer TrueHarmony a través de dous altofalantes frontais, Acer proporciona unha experiencia multimedia moi interesante.

acer Switch Alpha 12 - 1

No seu interior alberga a sexta xeración de procesadores Intel Core, coa posibilidade de escoller entre os modelos i7, i5 ou i3. Haberá opcións de 4 e 8 GB de memoria RAM e 128, 256 ou 512 GB de memoria interna, ampliábies a través dunha ranura microSDXC. Está equipado con USB 3.1 reversíbel tipo-C e Bluetooth 4.0, e  súa batería dálle unha autonomía de 8 horas de duración.

O Switch Alpha 12 ten uns acabados en aluminio anodizado, o que lle aporta un aspecto elegante e á vez moderno. En canto a deseño hai que destacar a súa versatibilidade, con soporte multi-postura, o que achega gran flexibilidade ao aparello. Así mesmo dispón de varios portos opcionais e un lapis, o Acer Active Pen, que axuda a mellorar a produtividade, xunto co teclado, que será un accesorio fundamental.

Para poder disfrutar deste novo trebello aínda imos ter que agardar un pouco, pois está previsto que o Acer Switch Alpha 12 chegue ao noso país en agosto, comezando nos 999 €.

Deixa un Comentario