HTC One S9, o novo gama media de HTC que custará 500 euros

Pola súa pinta podería tratarse dun terminal premium, pero estamos ante o novo HTC One S9, un dispositivo que por especificacións queda un paso por detrás, na gama media. Iso si, compartindo deseño co HTC One M9.

O novo dispositivo de HTC incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles), mais é no seu interior onde vemos os recurtes de características. Vén cun procesador MediaTek Helio X10 de oito núcleos, acompañado por 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD de até 2 TB de capacidade. A súa cámara principal é de 13 megapíxeles e a batería de 2840 mAh. Completan a listaxe de especificacións a presenza de Bluetooth 4.1 e NFC, e o sistema operativo é Android, na súa versión 6.0 – Marshmallow.

htc one s9 - 2

Cunhas dimensións de 144,6 x 69,7 x 10,1 mm e un peso de 158 gramos, o novo HTC One S9 está fabricado en metal, estando dispoñíbel nun acabado prateado e noturo en gris escuro.

A partir do mes de maio chegará ás tendas de Alemania, e imaxinamos que tamén a outros países da zona Euro, entre eles o noso, mais polo de agora non hai confirmación oficial. O que si que sabemos é que o seu prezo rondará os 500 euros. Demasiado para un dispositivo destas especificacións?

Deixa un Comentario