Probamos Unclouded, un servizo para poñer orde na nosa nube

Os servizos de almacenamento na nube acompánannos desde hai tempo. A posibilidade de facer copias de seguridade das fotos cando a sacamos, ter acceso a documentación desde diferentes dispositivos… son só algunhas das posibilidades da nube.

A partires de acó xorde un problema que pode ser importante: o contido duplicado. Isto ten dúas partes, o propio desorde por ter o mesmo contido en diferentes cartafoles ou en diferentes servizos de almacenamento e a reducción do espazo dispoñíbel, se estas duplicidades ocorren de xeito involuntario.

Para poñer un pouco de orde apareceron mumerosas aplicacións que nos axudan, e hoxe queremos centrarnos en Unclouded – Cloud Manager, unha app de balde coa que podemos centralizar diferentes servizos na nube como Dropbox ou Drive e tamén o contido aloxado na memoria do propio terminal.

unclouded 03

Grazas a esta app, podemos xestionar o contido que temos nos diferentes servizos para, por exemplo, atopar contido duplicado e se, o consideramos, eliminalo, quedando cunha soa copia.

unclouded 02

Ademáis Unclouded ofrécenos outras funcionalidades como son coñecer os datos que temos ocupados no total do almacenamento dispoñíbel ou explorar os cartafoles de xeito individualizado, para facer un repaso dos nosos arquivos máis polo miúdo.

Se pensades que esta aplicación pode axudarvos a manter certa orde na vosa nube, podedes descargar Unclouded – Cloud Manager premendo nesta ligazón á Play Store e descargala de balde.

Deixa un Comentario