Pagar Netflix desde Google Play? Podería ser posíbel en breve

Poucos servizos levantaron máis espectación nos últimos tempos que a chegada de Netflix ao noso país, aínda que ollando con certa perspectiva semella que o tema calmou un pouco. Para moitas persoas o feito de ter que introducir unha tarxeta de crédito ou débito para pagar por ese servizo supón unha limitación, na maior parte dos casos por non querer compartir os seus datos con máis entidades.

Seguramente por esta razón a compañía está a traballar con Google para que as usuarias poidan pagar a cota mensual a través do saldo que teñan en Google Play ou da conta vencellada á tenda de aplicacións e contidos de Google. A lo menos isto é o que se desprende dun novo permiso que precisa a aplicación, polo que se cre que a aplicación desta nova posibilidade será inminente.

Outro tema á parte é que esta novidade chegue ao noso país de xeito inmediato, pois este tipo de novidades adoita levar un ritmo de implantación gradual, comezando nos Estados Unidos e logo chegando a outros países. Que vos parecería esta opción?

Sobre o autor

Reply