Másmóvil faise con Pepephone por 158 millóns de euros

Nos últimos meses había moitos rumores sobre a procura de fondos como da venta de Pepephone. Foi esta mañá cando saiu a nova da súa venta por 158 millóns de euros a MásMóvil. Esta cifra chega para facerse co 100% de Pepephone que cederá todo o control ao seu comprador. A operación nada máis comeza, e MásMóvil está a revisar as contas de Pepephone.

Metidos de cheo na compra de Pepephone, MásMóvil non para e ten moito interese en facerse con Yoigo para converterse no cuarto operador do país. Iso si, para isto teñen que tentar que TeliaSonera (propietarios de Yoigo) acepte a súa oferta por diante da de Zegona (donos de Telecable) que levan amosando tempo moito interese por facerse con Yoigo, pero sen concretar oferta algunha.

Polo de agora, e se se concreta a compra de PepePhone, MásMóvil pasará a ter case 1 millón de liñas móbiles converténdose así nun dos grandes operadores do país.

Sobre o autor

No Responses

Reply