Mininovas Android: a malla da semana

Whatsapp deixará enviar mensaxes de voz durante unha chamada

whatsapp mensaxes voz

Se cando chamamos a un contacto vía Whatsapp, esta non responde, directamente e durante a chamada poderemos enviar unha mensaxe de voz. Cando comeza a gravación da mensaxe a chamada cortarase automáticamente.

Polo de agora esta opción non está dispoñíbel.

Twitter deixa reportar varios tweets dunha soa vez

Twitter IPO Raises $1.82 Billion With Value Topping Facebook

Até o de agora, cando queremos sinalar a Twitter que unha mensaxe da rede social infrinxe as súas normas só podemos facelo un a un. Agora, a empresa quere facilitar as denuncias e permitirá engadir até 5 tweets na mesma queixa.

O Moto E de segunda xeneración actualízase a Marshmallow

moto e 2015

O irmán pequeno da familia Moto, o Moto E (2ª xeneración) actualizarase a Android 6.0 en México. Nestes días está chegando a actualización vía OTA ao modelo LTE XT1527.

Agardamos que esta actualización chegue axiña a outros mercados.

Google deixa de vender a Nexus 9

nexus 9

Se aínda pensades en mercar unha Nexus 9, xa non o poderedes facer desde a Play Store, pois esta semana Google ven de eliminala da súa oferta de tablets. Agora se queredes unha tablet Google só queda coma opcion a Pixel C, ou buscar a Nexus 9 noutras webs. Agardamos que ao ser agora un producto descatalogado, podamos beneficiarnos dalgunha rebaixa no seu prezo.

Se estades intesadas nela, esta ligazón lévaos á análise que fixemos fai unhas semanas.

Motorola foi demandada por ofrecer un mal soporte técnico

motorola lenovo

A demanda non é unha coña, pois a denuncia interposta nos EUA reclama a Motorola 5 millóns de dólares, pois as usuarias que deixan os seus dispositivos a reparar tardan varios meses en recuperalos, durante ese tempo non teñen unha equipa de sustitución e se ao final a solución é un reemplazo de producto, en ocasión, reciben un producto de inferiores características aos que tiñan.

Google Play amosará que apps teñen anuncios integrados

google play ver anuncios

Desdes agora, a tenda de apps de Google ademáis de amosarar que aplicacións teñen compras integradas tamén veremos cales contan con anuncios integrados antes da súa descarga. Se aínda non vedes esta información, non pasa nada, irá aparecendo aos poucos sen precisar de ningunha actualización da aplicación ou calquera outra acción por parte das usuarias.

Google interesada en facerse con Telegram

telegram

Todo apunta a que xa houbo contactos entre Sundar Pichai e Pavel Durov (CEO de Telegram) nos que Google na voz de Pichai puido ofrecer até 1000 millóns de dólares por Telegram. Polo de agora semella que non hai acordo, pero sen dúbida pode ser unha das adquisións do ano, se se confirma a operación.

Sobre o autor

Reply