Masmóvil apúntase ás tarifas converxentes fixo – móbil

Másmóvil vén de anunciar o lanzamento da súa proposta converxente fixo – móbil con chamadas ilimitadas, unha oferta que comeza nuns máis ca chamativos 36,89 €/mes, bastante por baixo das propostas das tres compañías principais (Vodafone, Orange e Movistar). En total son tres propostas que varían segundo o número de GB que se teñan na liña principal, aínda que tamén teñen outras propostas para quen prefira contratar só Internet fixo ou ADSL con chamadas, pero sen converxencia móbil.

ADSL ou fibra + móbil (ilimitadas + 1 GB) por 36,89 €/mes.

A proposta máis económica ofrece chamadas ilimitadas desde o móbil e 1 GB de datos a velocidade 4G, ademais de chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles desde o fixo, 2 liñas con 500 MB e chamadas a 0 cént/min e Internet a 20 ou 30 Mbps (ADSL) ou 50 Mbps no caso da fibra óptica. Resumindo, por 36,89 €/mes teríamos:

  • Internet fixo (20 ou 30 Mbps en ADSL, 50 Mbps en FTTH)
  • Fixo (chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles)
  • 1 liña móbil (chamadas ilimitadas e 1 GB de datos 4G)
  • 2 liñas móbiles adicionais (500 MB + chamadas a 0 cént/min)

ADSL ou fibra + móbil (ilimitadas + 3 GB) por 39,89 €/mes.

Por 3 € máis ao mes poderemos gozar de 3 GB no canto de 1 GB na nosa liña principal. Deste modo, por 39,89 €/mes teremos:

  • Internet fixo (20 ou 30 Mbps en ADSL, 50 Mbps en FTTH)
  • Fixo (chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles)
  • 1 liña móbil (chamadas ilimitadas e 3 GB de datos 4G)
  • 2 liñas móbiles adicionais (500 MB + chamadas a 0 cént/min)

ADSL ou fibra + móbil (ilimitadas + 8 GB) por 46,89 €/mes.

Aquelas persoas que queiran ter aínda máis datos no seu móbil poden apostar por esta terceira oferta que aumenta os GB incluídos na liña principal a 8. Deste modo, por 46,89 €/mes ofrécennos:

  • Internet fixo (20 ou 30 Mbps en ADSL, 50 Mbps en FTTH)
  • Fixo (chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles)
  • 1 liña móbil (chamadas ilimitadas e 8 GB de datos 4G)
  • 2 liñas móbiles adicionais (500 MB + chamadas a 0 cént/min)

Tarifas non converxentes Internet Only

Para aquelas persoas que só teñan interese pola liña fixa de Internet sen necesidade de contratar móbil, a compañía tamén fai unha serie de propostas:

  • Fibra 300 Mbps simétricos por 39,99 €/mes. Inclúe unha conexión de 300 / 300 Mbps e fixo con chamadas ilimitadas a outros fixos e 60 minutos a móbiles.
  • Fibra 50 Mbps simétricos por 29,99 €/mes. Inclúe unha conexión de 50/ 50 Mbps e fixo con chamadas ilimitadas a outros fixos e 60 minutos a móbiles.
  • ADSL 20 Mbps por 29,99 €/mes. Quen non teña cobertura fibra pode optar polo ADSL cunha oferta con velocidade até 20 Mbps e fixo con chamadas ilimitadas a outros fixos e 60 minutos a móbiles.

En todos estes casos, de querer engadir unha liña móbil básica, por 2 €/mes pódense contratar liñas con 500 MB e chamadas a 0 cént/min.

Estas tarifas pódense contratar ben desde a web do operador ou chamando ao 900 969 301 (teléfono gratuíto), onde tamén poderemos consultar a cobertura na nosa localidade. Que vos parecen?

Sobre o autor

No Responses

Reply