Masterchef: vive unha experiencia máis completa coa app oficial do programa

Cada vez son máis os programas de televisión que levan a experiencia de usuario máis aló das pantallas de TV, concretamente aos nosos smartphones e aplicacións. Un deles é o popular concurso de cociña Masterchef, que esta tempada está a se emitir as noites do mércores en La1 de Televisión Española.

Masterchef conta cunha aplicación homónima que permite levar máis aló a experiencia televisiva do programa, xa que a través dela podemos atopar as receitas que saen na tele, ter acceso a vídeos exclusivos e máis informais gravados no plató, visualizar os programas completos e, por suposto, descubrir toda a información sobre as aspirantes a facerse co título de mellor chef desta edición e o xurado formado polos televisivos chefs Pepe Rodríguez, Samantha Vallejo e Jordi Cruz.

masterchef - 2

De todas as funcións que dispón a aplicación, hai unha que nos resultou moito máis interesante ca o resto. Falamos de Connect, e grazas a ela poderemos sincronizar o noso móbil para recibir contido en directo durante a emisión do programa. É o que se coñece como “second screen”, unha funcionalidade que se está a popularizar en moitos programas.

Ademais, aquelas persoas que teñan certo aquel nos fogóns poderán compartir as súas mellores receitas. A app de Masterchef permítenos subir todos os pasos e ingredientes, secuencia de acontecementos, fotos do resultado… para creármonos un receitario online que podemos compartir.

Esta noite, durante a emisión do programa a partir das 22.15 horas, tedes unha boa oportunidade para probala. A descarga é gratuíta e está dispoñíbel na Play Store. Xa nos contaredes a vosa experiencia e, se vos animades a cociñar algo mandádenos a proba, que somos de bo dente :)_

Sobre o autor

Reply