HTC Desire 830, o novo gama media de HTC

Tras o lanzamento do HTC 10  de hai unha semanas, o fabricante taiwanés HTC segue anunciando dispositivos. Desta vez temos que falar dun modelo destinado á gama media, o HTC Desire 830, cun deseño coidado, acabados en plásticos e que elimina os botóns capacitivos, incorporándoos directamente na pantalla mediante software.

A súa pantalla é un panel de 5,5 polgadas e calidade Full HD, e no seu interior está equipado co procesador MediaTek Helio X10, acompañado de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 32 GB.

HTC Desire 830

A cámara principal é de 13 megapíxeles e a frontal de 4 ultrapíxeles, tecnoloxía pola que HTC segue apostando fortemente. A batería sitúase nos 2800 mAh e como sistema operativo leva Android 6.0 Marshmallow, aderezado coa interface propia Sense UI.

Está previsto que saia á venda por uns 260 euros ao cambio, mais polo de agora non está confirmado se chegará ao noso país.

Deixa un Comentario