ResetPlug, o enchufe que reinicia o noso router cando falla

A situación é máis ou menos habitual: estamos navegando pola rede e de repente… as cousas non van ben. A solución máis obvia e inmediata, que funciona na mierande parte das ocasións é reiniciar o router. Pero iso supón o esforzo de ter que ir onda o router a facelo manualmente. Para paliar este inconvinte nace ResetPlug.

ResetPlug é un enchufe intelixente que se conecta ao noso router e faille de interruptor. Está conectado a través da rede WiFi para comprobar que todo vai ben e hai conectividade a Internet. No caso de que detecte que hai algún problema corta e volve acender a electricidade, reiniciando o router (ou outro equipo de rede) enchufado nel. Tras agardar un tempo prudencial, de non terse solucionado os problemas volve facer un reinicio.

resetplug - 2

Ademais, a interface web a través da que se configura permite establecer outras pautas de operación que se poden adaptar mellor ás necesidades das usuarias.

O peor do trebello é que custa 60 dólares, un prezo que nos semella algo excesivo para o que é, sobre todo cuantificando se somos vagas abondo como para non levantarnos para non poder facelo nós mesmas. Tamén temos que ter en conta que funciona unicamente na banda dos 2,4 GHz (non na dos 5 GHz) e cos métodos de autenticación WPA-PSK e WPA2-PSK. O seu consumo medio é de 60 MB de datos por mes, pouco significativo para as nosas conexións.

Máis info

Sobre o autor

Reply