Wiko Robby, un teléfono reversíbel con son en 3D

Wiko vén de anunciar o lanzamento do Wiko Robby, un dispositivo de pantalla de 5,5 polgadas que destaca por ser reversíbel, dado que integra un sistema de dobre altofalante e micrófono para poder e falar e escoitar durante as chamadas independentemente de como como collamos o teléfono.

O trebello incorpora unha pantalla tipo IPS de 5,5 polgadas HD (1280 x 720 píxeles, 267 píxeles por polgada) con tecnoloxía Full Lamination, moito máis delgado para que sexa máis sensíbel. No interior leva un procesador de catro núcelos que funciona a 1,3 GHz con arquitectura Cortex A7 e procesador gráfico Mali 400 MP, xunto con 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 64 GB.

wiko robby - 1

A cámara principal é de 8 megapíxeles con flash LED, mentres que no caso da cámara frontal temos un sensor de 5 megapíxeles que tamén incorpora o seu propio flas LED. Ademais, leva tecnoloxía Auro-3D, grazas á cal ofrece un audio 3D para ter unha experiencia completamente envolvente. Completan a listaxe de especificacións técnicas unha batería de 2500 mAh, sistema dualSIM, porto OTG e Bluetooth 4.0.

wiko robby - 2

No que ten a ver co software, integra Android na versión 6.0 Marshmallow e a interface Wiko UI, moi lixeira e que engade algunha que outra opción adicional, como un asistente de teléfono e opcións de rendemento e control da batería.

Estará dispoñíbel en dúas cores (dourado e gris) desde o 11 de maio por uns máis ca interesantes 129 euros.

Sobre o autor

Reply