Mininovas Android: a malla da semana

Retrásase a Xiaomi Mi Band 2
Xiaomi-Logo

O lanzamento da smartband de Xiaomi, a Mi Band 2, estaba programada para o mes de maio pero esta semana anunciouse que se ía retrasar alo menos un mes por problemas de producción. Malia todo, agárdase que se manteña a súa presentación no evento que se vai celebrar o día 10 deste mes.

O teclado de Google chega á versión 5.0
teclado google 5.0

O teclado de Google actualizouse estes días á versión 5.0 e trae como novidades, entre outras, as seguintes funcións:

  • Eliminar palabras enteiras deslizando á esquerda desde la tecla de borrar.
  • Definir as teclas, resaltando o borde das mesmas.
  • Accesos rápidos a emojos desde o menú de símbolos.

Marshmallow medra até o 7,5%
Android Marshmallow 01

O informe do mes de maio que fai Google xa está dispoñíbel e sinala o crecemento de Marshmallow en relación ao mes de abril. En contreto pasouse do 4,6% ao 7,5%. Malia duplicarse ese dato, pensamos que a velocidade de actualización é lenta. O problema da fragmentación en Android é unha constante de dificil solución, pois son moitas as empresas presentes con diferentes intereses.

HTC ten case listo un smartwatch?
logo htc

Todos os rumores sinalan que o vindeiro mes de xuño HTC presentará o seu primeiro smartwatch. HTC aínda que agora pase por horas baixas, é unha das empresas de máis sona no mundo Android que aínda non contaba cun reloxo intelixente.

Se os rumores se confirman, esta situación rematará o día 6 de xuño nun evento no que se daría a coñercer o reloxo que podería incorporar eSIM co que podería funcionar sen estar vencellado ao móbil.

Un rapaz de 10 anos atopou un bug en Instagram e gañou 10000$
instagram

Esta semana coñecemos a historia de Jani, un rapaz finlandés que gañou 10.000$ grazas a atopar un bug na app de Instragram polo que calquera podía acceder aos servidores da plataforma e borrar os comentarios publicados polas usuarias en calquera tipo de contas, verificadas ou non.

Sen dúbida, este rapaz ten futuro no sector da seguridade informática se é que lle segue gustando.

Deixa un Comentario