Web 0.0, o proxecto que “mudou” unha vila italiana sen apenas Internet

Queremos falarvos de Civitacampomarano, unha pequena vila da provincia italiana de Campobasso, pero poderíamos facelo dalgunha das milleiros de aldeas que temos por Galiza adiante cunhas características semellantes. Aló levouse a cabo este proxecto chamado Web 0.0, que chamou a nosa atención polo curioso do asunto.

Civitacampomarano é unha  vila na que viven apenas 400 persoas, a meirande parte delas de avanzada idade. Un lugar que conserva as tradicións e no que Internet é todo un luxo, pois a conexión a datos é practicamente inexistente.

Desa situación xurdiu a idea Web 0.0, que consistiu en levar esas funcións do mundo virtual á vida real dun lugar, co obxectivo de reivindicar que moitas das cousas que facemos hoxe por Internet xa se facían antes. Con isto temos sentimentos encontrados, pois o #vivaantes está moi ben pero… canto máis cómodo é enviar un correo electrónico ca ter que ir mercar o sobre e o selo para enviar unha carta? 😉

A continuación podedes ver unha galería de imaxes da proposta (clica nas imaxes para ver a galería máis grande).

Deixa un Comentario