Desveladas as características do Moto G4 (2016) a escasos días da súa presentación

O vindeiro 17 de maio está previsto que se presente oficialmente o Moto G (2016), a cuarta xeración do terminal estrela de Motorola, que esta vez chegará en dúas versións, Moto G4 e Moto G4 Plus, diferentes por fóra e tamén por dentro.

Segundo apuntan as últimas filtracións, o Moto G deste ano integrará un panel IPS de 5,2 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles). No seu interior teremos o procesador Qualcomm Snapdragon 430 con procesador gráfico Adreno 505, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD. A cámara principal é de 13 megapíxeles, mentres que para a frontal escolleron un modelo de 5 megapíxeles. Leva batería de 3000 mAh e Android 6.0 Marshmallow.

Pola súa banda, o Moto G Plus sube até as 5,5 polgadas, aínda que mantén a resolución Full HD. Comparte procesador co modelo estándar, pero tanto a memoria RAM como a capacidade interna suben até os 3 e os 32 GB, respectivamente. A cámara principal é de 16 megapíxeles e a frontal de 5 Mpx. O sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow e a batería de 3000 mAh.

Moto X4 para agosto: imaxe filtrada

Na presentación do día 17 semella que non estará presente o novo Moto X4. Porén, vén de filtrarse unha das imaxes de prensa que desvela con todo luxo de detalles como será este dispositivo de acabados metálicos.

moto x4

Destaca a súa enorme cámara traseira, así como a presenza do lector de pegadas dixitais na parte dianteira do dispositivo. Segundo parece, será anunciado o 24 de agosto, a escasos días de que comece a IFA de Berlín.

Deixa un Comentario