Wiko Sunny, un Android básico por tan só 59 €

Wiko vén de anunciar un novo dispositivo de entrada, o Wiko Sunny, un trebello de prezo modesto e poucas pretensións, pero clarame enfocado a un segmento poboacional: persoas que precisan un terminal secundario ou como primeiro móbil, por exemplo, para as pequenas da casa.

A súa pantalla é un panel de 4 polgadas, cunha resolución WVGA (isto é, 480 x 800 píxeles, 233 ppp); no seu interior atopámonos cun procesador de tecnoloxía Cortex A7, catro núcelos a 1,3 GHz, acompañado de 512 MB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 64 GB de capacidade adicional.

wiko sunny

A súa cámara principal é de 5 megapíxeles e dispón de flash LED. Dispón de espazo para dúas tarxetas SIM e vén equipado cos sensores habituais, ademais de Bluetooth 4.0.

Incorpora a última versión dispoñíbel de Android, 6.0 Marshmallow, sen moitas personalizacións na capa, aínda que si incluíndo algunhas funcionalidades extra de Wiko, entre as que destacan Phone Assist. Este servizo permite optimizar o rendemento do dispositivo, así como xestionar diferentes opcións relativas ás aplicacións, como por exemplo activar e desactivar os permisos ou as notificacións, entre outras.

O Wiko Sunny estará dispoñíbel en catro cores (negro, turquesa, fucsia e branco) desde finais de abril por 59 euros.

Deixa un Comentario