Ponte na pel dun adestrador con Fútbol Manager Clicker

Estes días estivemos xogando ao Fútbol Manager Clicker un novo xogo no que nos poñemos na pel dun adestrador de fútbol.

Neste xogo non agardedes xogar un só partido, pois é tipo manager, é dicir, nós podemos fichar e entrenar para mellorar aos xogadores e logo decidir a alineación. Unha vez que poñemos os mellores xogadores, poderemos simular un partido co que ir sumando puntos se gañamos e así ir subindo de categoría. Ollo, tamén podemos descender se non temos aos rapaces ben entrenados.

Fútbol Manger Clicker 04

Para entrenar aos xogadores, temos que facer tiros á portería e ir conseguindo “goles” que podemos canxear por habilidades. Ademáis para ir facendo o xogo máis entretido, podemos canxear estes goles por multiplicadores cos que sacarlle máis partidos ao goles, recoller balóns máis rápido e así volver a marcar en menos tempo,…

Fútbol Manger Clicker 02

O xogo comeza cun só xogador, e a medida que imos ascendendo de categoría, podemos fichar a máis xogadores e mesmo facer cambios se os rapaces están cansos entre outras.

Fútbol Manger Clicker 03

Como curiosidade, a imaxe do manager é Roberto Sedinho, o mítico adestrador brasileiro da serie Oliver y Benji e os nomes dos xogadores, recórdanos a… ummm… axudádesnos?:

  • Balon Telli
  • Schar Testeinger
  • Severino Ramos

Fútbol Manger Clicker foi desenvolto polo estudo galego MeigaLabs e podedes decargalo de balde da Play Store, premendo nesta ligazón.

Deixa un Comentario