Probamos Speedy Whales, un xogo de habilidade submarina

Para comezar o martes animadas queremos falarvos de Speedy Whales, un xogo entretido que en certo modo pode resultar adictivo. Neste xogo, poñémonos na pel dunha balea que tanto pode saltar coma bucear para non bater de fronte contra outras baleas.

Semella sinxelo, non? Pois ben, certamente non o é, xa que o xogo ten certas dificultades que se descubren nada máis probalo, o que sen dúbida o fai moito máis entretido.

Ademáis de poder saltar ou bucear, tamén contamos cunha opción de turbo para nadar máis rápido, e tamén podemos recoller power-ups que nos axudan a mellorar as detrezas da nosa balea, por exemplo, podemos coller unha burbulla que nos permite ter un erro sen perder a partida.

speedy whales 02

Outra opción interesante é xogar con diferentes baleas que podemos coleccionar e elixir a que máis nos apeteza a medida que imos debloqueándoas.

Speedy Whales é un xogo diferente que podedes atopar de balde nesta ligazón á Play Store.

Deixa un Comentario