Instagram estrea logo e deseño

Instagram estrea novo logo. A popular rede social de fotografía vén de anunciar a súa nova imaxe, que deixa atrás a cámara retro que a caracterizou desde o seu lanzamento para actualizalo a un novo deseño moito máis chamativo, tanto nas formas como nas cores.

novo instagram - 2

Os cambios tamén chegarán ás aplicacións complementarias da compañía, hoxe integrada en Facebook. Así, Layout, Boomberang e Hyperlapse tamén estrean logotipos que van na mesma liña.

Os cambios tamén chegan a todas as aplicacións, que reciben un cambio de imaxe para adaptarse ás novas cores. Así, pro exemplo, Instagram perde os tons azuis do menú, que pasan a gris, como se pode ver nas seguintes imaxes.

novo instagram

Que vos parecen os cambios?

 

Deixa un Comentario