Anunciada a Samsung Galaxy Tab A 10.1, nova tablet de Samsung

Samsung vén de anunciar unha nova tablet da serie Galaxy A, a familia de tablets económicas do fabricante surcoreano. Falamos da nova Samsung Galaxy Tab A 10.1, un modelo que chegará ao mercado europeo cun prezo de pertida por baixo dos 300 euros.

samsung-galaxy-tab-a-10-1-1

O novo trebello de Samsung incorpora unha pantalla WUXGA TFT de 10,1 polgadas cunha resolución de 1920 x 1200 píxeles con formato 16:10. No seu interior leva un procesador de fabricación propia, o modelo Exynos 7870 de 8 núcelos que funcionan a 1,6 GHz, acompañados de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que poden ampliarse até en 200 GB extra a través de tarxetas microSD.

samsung-galaxy-tab-a-10-1-3

A cámara principal é de 8 megapíxeles e a frontal de 2 megapíxeles, unha calidade que non destaca especialmente pero que resulta abonda para as aplicacións de videochamada. A súa batería é de 7.300 mAh.

Como sistema operativo, a nova Samsung Galaxy Tab A 10.1 vén con Android 6.0 Marshmallow, a última versión de Android, aínda que por suposto esta está algo maquillada coa capa de personalización propia de Samsung, TouchWiz.

samsung-galaxy-tab-a-10-1-2

En Alemania, onde foi anunciada, chegará ao mercado por 289 euros a versión unicamente WiFi e 349 euros a alternativa con conectividade LTE. Polo de agora non temos coñecemento da súa posta á venda en España, pero seguramente sexa cuestión de días que apareza no noso país.

Deixa un Comentario