WhatsApp xa está dispoñíbel en Windows e Mac (pero non achega nada novo)

Hai uns días comentamos que, tal e como se deixou ver nos centros de tradución, WhatsApp andaba a preparar a súa aplicación de escritorio para Windows e Mac. A diferenza de outras veces, non houbo que esperar moito e esta ferramenta xa é oficial.

Para poder instalalo non temos que facer máis ca ir á web de descargas de WhatsApp e xa poderemos facernos co arquivo executábel que nos permitirá disfrutar do popular servizo de mensaxería nunha aplicación nativa.

WhatsApp para escritorio non aporta nada novo

Á hora da verdade a aplicación para escritorio de WhatsApp non aporta nada novo sobre a versión web para o navegador, á que podemos acceder desde https://web.whatsapp.com/ Por iso ás usuarias actuais desta aplicación verán que o funcionamento da versión de escritorio é calcada e o funcionamento similar.

Para acceder debemos escanear un código QR desde a propia aplicación móbil de WhatsApp, feito o cal xa poderemos traballar coa versión de escritorio. Así mesmo, e tal e como pasa coa versión web, se o teléfono perde conectividade deixaremos de ter servizo tamén na app de escritorio.

WhatsApp multidispositivo e multiplataforma, o paso que pasa

De querer elaborar unha ferramenta multiplataforma WhatsApp debería plantexarse dar o paso e permitir o acceso desde varios dispositivos a un tempo, o que permitiría ás usuarias ter sincronizadas ass súas conversas con independencia do trebello que estiveran usando nun determinado momento.

Deixa un Comentario