Tap to translate, a nova funcionalidade de Google Translate

Google vén de actualizar unha das súas aplicacións máis míticas, Google Translate, que recibe varias novas funcionalidades, entre elas Tap To Translate, que facilita a tradución de frases ou palabras dentro das propias aplicacións, como se pode ver no seguinte vídeo.

Até o de agora se tiñamos que manter unha conversa por unha aplicación de mensaxería con alguén que non fala o noso idioma debíamos copiar o texto, ir a Google Translate pegar o texto, ver a tradución…. e no caso de querer responder, facer o proceso á inversa. Con Tap to Translate só hai que copiar o texto (chat, comentario, …) e a tradución xa aparecerá directamente, sen necesidade de mudar de app.

translate - 3

Por outro lado tamén mellora o modo de tradución offline debido a unha notoria redución do peso dos datos que ocupan os paquetes de idioma: reducíronse nun 90% e agora pesan só 25 MB cada un. Este modo sen conexión tamén funciona con Tap to Translate.

Por último, a nova versión de Translate engade a tecnoloxía World Lens en chinés. É o 29º idioma que ofrece tradución visual instantánea e pode ler chinés a inglés e viceversa, tanto en chinés simplificado como tradicional.

Sobre o autor

Reply