Android chega aos all-in-one con RemixOS

Se nalgo falla Android é en non ser un sistema operativo orientado á produtividade nos computadores. É algo que evidenciamos cando probamos, por exemplo, a Pixel C de Google, que sendo un trebello moi interesante no hardware ficaba algo lonxe de ser o trebello perfecto para traballar con el en sustitución dun ordenador.

all in one remixos - 1

Esa é a premisa coa que nace RemixOS, un sistema operativo baseado en Android que está orientado a ser empregado en tablets e ordenadores, e que xa vimos durante o Mobile World Congress da man de Wolder. Agora , por fin, RemixOS dá o salto aos dispositivos all-in-one con este modelo do que hoxe vos queremos falar, fabricado por AOC.

all in one remixos - 2

Este trebello leva unha pantalla de 23,8 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles), e no seu interior integra un procesador Amlogic S905 de catro núcelos e ARM Cortex-A42, acompañado de 2 GB de memoria RAM e 16 ou 64 GB de almacenaxe interna, sengundo a versión elixida. En canto a portos, leva 2 HDMI, 4 USB e tamén conexión Ethernet.

Pasando a falr do sistema operativo, leva RemixOS 2.0, a nova versión de RemixOS, que engade unha barra de tarefas e un lanzador de aplicacións que nos lembra ao menú de inicio que podemos atopar, por exemplo, en Windows 10.

all in one remixos - 3

Ademais, e tal e como xa viramos no MWC, este sistema operativo permítenos xogar coas ventás das diferentes aplicacións, mudando o seu tamaño, sobrepoñéndoas e configurándoas ao gusto, de maneira que se adapta bastante ben ás nosas necesidades de traballo. Mais, por suposto, a gran vantaxe é que podemos empregar as aplicacións Android directamente, xa que funcionan con normalidade.

Polo de agora está previsto que se poña á venda na China no verán e non ha información sobre o seu prezo ou unha posíbel posta á venda fóra dese país. Que vos parece?

Deixa un Comentario