Mininovas Android: a malla da semana

Moto X con deseño modular?

moto x4

Fai poucos días xa vos adiantabamos algúns dos rumores sobre os Moto G e X deste ano. Desta volta, estase a falar do máis que posíbel deseño modular, ao estilo do LG G5, e ademáis existirían 2 versións que se diferenzan no grosor e no procesador:

  • O denominado Vector Thin levaría: 2600 mAh de batería e o Snapdragon 625 con 2 GB de RAM
  • O Vertex levaría: 3200 mAh de batería e o Snapdragon 820 con 3 ou 4 GB de RAM

Nos pines da traseira poderiamos conectar altavoces estéreo, outra batería ou un módulo de cámara con zoom óptico, entre outras posiblidades.

Amazon ten unha alternavita a Youtube

amazon

Amazon lanzou o seu servizo Amazon Video Direct co que pretende competir con YouTube grazas a unha asociación con empresas tan recoñecidas coma The Guardian. O sistema de pagamento non estará baseado nas visitas se non nunha serie de métricas das que aínda non temos detalles.

A este servizo poderase acceder desde calquera dispotivo e sistema operativo.

Super Mario chegará a Minecraft

nintendo minecraft

Nunha actualización que chegará o día 17 de maio ao Minecraft da Wii aparecerá un paquete chamado Super Mario Mash-Up Pack atoparemos 40 skins de Super Mario e 15 novas pistas musicais.

Esta actualización pode ter unha boa acollida polos fans tanto de Minecraft coma de Super Mario e será unha exclusiva para Minecraft: Wii U Edition logo da colaboración entre Mojang e Microsoft coa propia Nintendo.

Google Play Music xa permite búsqueda por voz

google play music

Nunha recente actualización a app de música de Google, vense de engadir unha barra de busca que integra, ademáis da busca manual, unha modalidade por voz que nos permitirá tanto atopar artistas coma cancións ou traballos completos.

Unha boa achega que nos fará máis doado atopar a nosa música favorita.

Youtube integra un chat na súa app para Android

youtube

Esta semana coñecimos a aparición dun chat en YouTube. Grazas a esta estrea, poderemos falar desde a propia app cos contactos de Google. Con esta nova función integrada na propia app, xa non precisaremos dunha ferramenta externa para compartir un vídeo ou comezar unha conversa.

O chat de YouTube irá chegando de xeito escalonado aos nosos terminais, porén non veremos este novo servizo inmediatamente.

Sobre o autor

Reply