Telegram permite editar as mensaxes xa enviadas

De seguro que en máis dunha ocasión tivéchedes a necesidade de editar unha mensaxe acabada de enviar por algunha das vosas aplicacións de mensaxería máis, por desgraza, isto xa non tiña volta atrás. Por sorte isto vén de mudar, a lo menos en Telegram, e desde a versión 3.9.0 da aplicación podemos editar as mensaxes até 48 horas despois de ter sido enviadas.

O modo de empregar esta nova funcionalidade é moi sinxela, e non hai máis ca manter pulsada a mensaxe de chat a modificar, co que se nos abrirá un menú contextual coa nova opción de edición. Premendo nel xa poderemos mudar o texto corrixindo aquelas cousas que necesitemos mudar, aínda que iso si, aparecerá un “editado” ao lado, ao igual que acontece nas publicacións do Facebook.

A nova versión de Telegram tamén facilita a mención de usuarias nos grupos, xa que simplemente escribindo @ xa nos aparece a listaxe de usuarias do mesmo. Así mesmo, permite engadir accesos directos aos chats nos distintos escritorios que teñamos configurados e facilita a busca de contactos cunha listaxe en horizontal.

Que vos parecen estas novidades?

Sobre o autor

Reply