As imaxes e ligazóns non contarán no límite de caracteres de Twitter

Se por algo se caracteriza Twitter é pola brevidade e por forzar ás usuarias a resumir, condensando en 140 caracteres a súa inventiba. Porén, cando enlazamos artigos externos ou poñemos unha imaxe descóntansenos 23 caracteres.

Isto é algo que tería os días contados, dado que segundo unha información publicada en Bloomerg na que citan unha cita anónima da compañía, Twitter contempla que as imaxes e as ligazóns deixen de restar caracteres nos tweets, de maneira que teremos máis espazo para a creatividade. Esta novidade podería facerse oficial nas próximas semanas.

Que vos parece?

One Response

  1. Diego Boquete Sánchez 16 Maio, 2016 Responder

Deixa un Comentario